Este mércores non se poderá aparcar diante do Pavillón

Pontevedra
12 de xullo 2016

Este mércores 13 de xullo iniciaranse os traballos de acondicionamento no aparcadoiro disuasorio fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes

Aparcamento disuasorio fronte ao Pavillón PontevedraViva

Este mércores 13 de xullo iniciaranse os traballos de acondicionamento no aparcadoiro disuasorio fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes.

Tal e como advirten numerosos valos instalados por todo este ámbito, a partir deste día estará prohibido aparcar nesta parcela, con capacidade para 275 vehículos.

Trátase dunha actuación que se debe realizar unha vez superado o inverno co obxectivo de nivelar o firme da parcela, propiedade de Costas, e aplicar unha nova capa de grava que elimine no posible os charcos que alí se forman.

Encargarase destes traballos a empresa E.C.Casas que o pasado mes de febreiro resultou adxudicataria do contrato de reparación e mantemento das vías públicas urbanas municipais por valor de 242.000 euros ao ano.

É un contrato que terá unha duración de 2 anos, máis a posibilidade dunha prórroga dun ano máis. O obxectivo é executar pequenas obras de reparación e mantemento das vías públicas municipais para resolver fochancas, reparacións de beirarrúas, entre outras deficiencias.