Estrea dun punto de información turística no Mosteiro de Armenteira

O Salnés
02 de xullo 2026

Este espazo en Meis ofrecerá servizo de atención aos visitantes e xestión de visitas guiadas grazas a un acordo da Deputación co Arcebispado e a orde cisterciense

O Mosteiro de Armenteira conta cun punto de información turística
O Mosteiro de Armenteira conta cun punto de información turística / Deputación de Pontevedra

O Mosteiro de Armenteira, situado no Concello de Meis, conta desde este xoves 2 de xullo cun novo punto de información turística situado na entrada do recinto.

A posta en marcha deste servizo estrutúrase a través dun convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e a Comunidade de Irmás Cistercienses.

Os deputados provinciais de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, e de Fondos Europeos, Javier Tourís, visitaron as instalacións e detallaron que o acordo ten unha vixencia inicial de dous anos, estendéndose ata finais de xuño de 2028, con opción de prorrogarse de xeito anual ata un límite de catro anos.

O punto de atención ocupa unha superficie de 12 metros cadrados.

As funcións desta oficina céntranse en difundir os recursos patrimoniais, arquitectónicos e relixiosos da provincia.

Ademais, o persoal encargado do servizo xestionará as visitas guiadas ao claustro e á igrexa do propio complexo monástico.

Durante os meses de xullo e agosto, o horario de apertura ao público queda fixado de martes a sábado, entre as 10:00 e as 13:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas polas tardes, adaptándose aos momentos de maior afluencia e á actividade do claustro.