Falece a popular centenaria Aquilina Alonso

Pontevedra
11 de decembro 2016

Este luns ás cinco da tarde, no Templo Novo de Sanxenxo, terá lugar o funeral por Aquilina Alonso, a popular centenaria pontevedresa. O seu falecemento produciuse o pasado venres e o domingo foi despedida en Sanxenxo, localidade na que pasaba as súas vacacións

Aquilina Alonso Pérez na súa casa Mónica Patxot

Este luns ás cinco da tarde, no Templo Novo de Sanxenxo, terá lugar o funeral por Aquilina Alonso, a popular centenaria pontevedresa.

O seu falecemento produciuse o pasado venres e o domingo foi despedida en Sanxenxo, localidade na que pasaba as súas vacacións.

Aquilina Alonso, de 105 anos de idade, veciña da rúa Echegaray, era coñecida pola simpatía coa que celebraba cada 21 de outubro os seus aniversarios xuntos ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

A anciá sempre piropeaba a un alcalde que non votaba, porque a ela gustáballe o Partido Popular.

Quila, como a chamaba a súa familia, era mestra de profesión. Nada en Vigo, estudou na Escola Normal de Mestras de Pontevedra e viaxou a París grazas a unha bolsa de estudos. Alí coñeceu ao seu marido, Fernando Bellver. Antes de fixar a súa residencia na cidade do Lérez viviu en Barcelona, non tivo fillos e unha das súas grandes paixóns foi viaxar.