Falece o arquitecto e ex concelleiro do PP Ricardo Aguilar

Pontevedra
23 de outubro 2015
Actualizado: 18:20

O político faleceu na mañá deste venres no Hospital Domínguez, onde estaba ingresado polo empeoramento da súa enfermidade. El mesmo fixo público en xuño de 2014 que padecía un cancro polo que xa estaba a recibir quimioterapia. A súa familia pediu velalo e enterralo na intimidade, pero este sábado celebrase un funeral público ás 18.00 horas na basílica de Santa María

Ricardo Aguilar Mónica Patxot

O ex concelleiro do PP e coñecido aquitecto pontevedrés Ricardo Aguilar Argenti faleceu na mañá deste venres en Pontevedra tras unha longa enfermidade que o mantivo durante os  últimos meses afastado da vida pública. 

A súa familia pediu velalo e enterralo na intimidade, pero este sábado celebrarase un funeral público ás 18.00 horas na basílica de Santa María.

Aguilar Argenti faleceu no Hospital Domínguez de Pontevedra, onde estaba ingresado polo empeoramento do seu estado de saúde. El mesmo fixo público en xuño de 2014 que padecía un cancro polo que xa estaba a recibir tratamento de quimioterapia.

A enfermidade deixouse notar na aparencia física de Aguilar Argenti, moi feble nos últimos meses. O xa ex concelleiro presentábase ás eleccións municipais do 24 de maio como número 11 da lista do PP, pero non participou activiamente na campaña electoral e quedou fóra da nova Corporación

Ricardo Aguilar, de 67 anos, foi concelleiro en Pontevedra dende o ano 2007 ata o pasado xuño. Na súa vida profeional como arquitecto tiña o seu despacho ubicado no Paseo de Colón.