Falece o ex xeneral da Brilat, José Antonio Alonso Miranda

Pontevedra
02 de setembro 2019

Foi xeneral na base militar de Figueirido entre 2009 e 2013. Alonso Miranda faleceu aos 63 anos este domingo de maneira repentina. Destacou polo seu trato persoal. Durante o seu mandato resolveu o conflito cos comuneiros de Salcedo polos terreos onde se facían prácticas militares

José Antonio Alonso Miranda, xeneral xefe da BRILAT

Nas últimas horas falecía de forma repentina José Antonio Alonso Miranda, o xeneral ex xefe da Brilat entre os anos 2009 e 2013. Actualmente exercía como xefe de seguridade nos establecementos de El Corte Inglés das áreas de Galicia e Asturias.

Durante o tempo en que estivo ao mando do cuartel de Figueirido, os militares da brigada realizaron misións internacionais de éxito, principalmente en Afganistán.

Alonso Miranda destacou polo trato persoal e polo seu carácter dialogante. Foi o encargado de xestionar o acordo cos comuneiros de Salcedos en relación á ocupación duns terreos onde se desenvolvían prácticas militares simulando unha aldea afgá.

O ex xeral nacera no municipio de Coles (Ourense) e tivo unha importante colaboración co padroado reitor da Fundación Amigos de Galicia