Falece un animal de compañía no incendio dunha habitación no barrio de San Pedro

Marín
25 de maio 2024

Sucedía despois das 21.00 horas deste venres 25 e foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Morrazo. As primeiras investigacións sitúan o foco inicial do lume nun curtocircuíto que se rexistraba nun ordenador situado na vivenda

Bombeiros do consorcio nunha actividade
Bombeiros do consorcio nunha actividade / Xunta de Galicia - Arquivo

Unha habitación ardía por completo no barrio de San Pedro de Marín.

O incendio rexistrábase este venres 24, pasadas as 21.00 horas.

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaban os Bombeiros do Morrazo, Policía Nacional e Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Marín desta incidencia.

Os bombeiros interviñan na vivenda e comprobaban que o lume calcinara a habitación enteira do domicilio e o fume afectara a todo o domicilio. Foron necesarios labores de ventilación.

Ademais, como consecuencia do incendio, o servizo de Emerxencias informa do falecemento dun animal de compañía.

Segundo as primeiras investigacións, o foco inicial das lapas sitúase nun curtocircuíto que se rexistraba nun computador situado na habitación.