O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este xoves que a humanización completa da rúa Progreso contribuirá, ademais de a mellorar a calidade de vida dos veciños, a consolidar o atractivo turístico de Sanxenxo e o seu papel de destino de referencia nas Rías Baixas.
Un grupo de traballadores da administración de Xustiza acudiu ao encontro con presidente do Executivo galego para trasladarlle as súas reivindicacións no marco do conflicto laboral aberto.
O convenio contempla unha inversión total de máis de 2,5 millóns de euros.
Durante a sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para a remodelación desta rúa, Feijóo precisou que se renovarán ademais os servizos de abastecemento, saneamento e iluminación e se rehabilitará o pavimento e a sinalización necesaria.
Así mesmo, incidiu en que esta obra mellorará a fluidez do intenso tráfico que circula por esta vía e incrementará a seguridade, a accesibilidade e a integración urbana da rúa e o seu desfrute polos peóns, con beirarrúas máis anchas, aparcadoiros ordenados e xardíns.
En relación ao Plan de sendas, Feijóo destacou que o treito entre Soutullo e A Lanzada xa está finalizado e, nos próximos meses, se culminarán as obras ata Major.
Finalmente resaltou que a Xunta está xa a traballar tamén nesta estrada para eliminar o treito de concentración de accidentes na zona do acceso á praia de Areas, cuxas obras se concretarán neste ano.