Feijóo reunirase con Lores despois do 13 de xuño e pídelle unha orde do día

Pontevedra
29 de maio 2015

Tras felicitar a Fernandez Lores pola súa vitoria electoral rozando a maioría absoluta, pediulle unha orde do día, para concretar os asuntos que quere abordar

Alberto Núñez Feijóo e Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita ao CGTD
Alberto Núñez Feijóo e Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita ao CGTD / Mónica Patxot

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este xoves que se reunirá co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, despois do 13 de xuño, cando pase a investidura.

Tras felicitar a Fernandez Lores pola súa vitoria electoral rozando a maioría absoluta, pediulle unha orde do día, para concretar os asuntos que quere abordar, segundo explicou o mandatario autonómico ao termo do Consello da Xunta, a preguntas dos xornalistas.

Feijóo considerou que é "lóxico" chamar os alcaldes para recoñecer as súas vitorias.

"E por suposto, esa entrevista está garantida", remarcou o dirixente autonómico, quen reivindicou esta "forma" de actuar con aqueles que "gañan", aínda que "non sempre" se faga así.