A feira Chalana regresa con 15 postos e novos artesáns

Pontevedra
14 de xullo 2026
Actualizado: 13:12

A inaguración está prevista para este mércores no Paseo de Antonio Odriozola. Estará aberta de maneira ininterrompida até o 2 agosto de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:30 horas

Feira de artesanía e deseño Chalana Mónica Patxot

O verán trae un ano máis á Boa Vila a feira de artesanía Chalana, unha das actividades máis reconocibles e clásicas da época estival de Pontevedra.

A inauguración desta XIX edición está prevista para este mércores 15 ás 12:00 horas no Paseo de Antonio Odriozola, ao carón da Praza da Ferraría.

A chalana permanecerá aberta de maneira ininterrompida até o 2 agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:30 horas.

En total haberá 15 postos de artesanía de todo tipo: coiro, tecidos, instrumentos musicais, esmaltes, cunchas mariñas, pintura, aloe vera, vidro e xoiaría.

Desde a organización sinalan que a feira deste ano contará con novos vendedores procedentes tanto de Galicia como doutros puntos do país.

As empresas e colectivos participantes son Astarte, Cueronature, Amorei, Aloeplant, Mario López, En Babia, Montse Betanzos, Ana Cortés, Alumearte, Chueco, Os Alegres, Buchanan, Aupavidro, Llue e Cuero y Alma. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora