A condutora dunha motocicleta resultou ferida nun accidente rexistrado na Avenida de Porteliña.
Segundo informou a Policía Local de Poio, o sinistro tivo lugar sobre as 19:30 horas deste marte na estrada autonómica PO-308.
Tratouse dunha colisión por alcance entre un turismo e a motocicleta, que circulaban dirección Pontevedra-Sanxenxo.
A motorista foi trasladada nunha ambulancia do 061 para ser atendida das súas feridas.
A Policía Local iniciou as dilixencias para investigar o suceso.
O tráfico na zona foi lento ata a retirada dos vehículos da zona.