Ferida unha muller que tropezou cando paseaba por Punta Vicaño e caeu entre dúas rocas

Sanxenxo
24 de marzo 2023

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, atopábase paseando pola zona cando tropezou e caeu entre dúas rocas. Deuse un golpe na cabeza e fíxose dano nun nocello, con posible rotura

Ferida unha muller que tropezou cando paseaba por Punta Vicaño caéndose entre dúas rocas Concello de Sanxenxo

Unha muller resultou ferida despois de caer nunha zona de rocas en Punta Vicaño.

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, atopábase paseando pola zona cando tropezou e caeu entre dúas rocas. Deuse un golpe na cabeza e fíxose dano nun nocello, con posible rotura. 

Foi rescatada pola Policía Local e derivada ao Hospital Montecelo.

Segundo o 112, os feitos sucederon este venres uns minutos despois da unha da tarde.

O persoal médico que acudiu a socorrela solicitou medios de rescate, xa que a zona era de difícil acceso.

O 112 requiriu a intervención da Policía Local e do GES de Sanxenxo.