As condutoras de dous turismos resultaron feridas nun accidente de tráfico que se rexistrou esta mañá en Combarro.
Segundo informa a Policía Local de Poio, o sinistro rexistrouse sobre as 8:15 horas na Avenida da Cruz, na PO-308, ao seu paso por este núcleo histórico.
Foi un accidente por alcance e, segundo a propia Policía Local, a posible causa do choque foi non prestar a debida atención á condución.
As dúas mulleres ían soas, cada unha no seu propio vehículo, e ambas foron trasladadas ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.