Dous accidentes de tráfico rexistrados na tarde deste venres deixaron dez feridos en Pontevedra e Cambados.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, en Pontevedra, o accidente produciuse pouco antes das 17.30 horas na estrada EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira. Foi, en concreto, na parroquia de Xeve.
Segundo a información facilitada polo Concello, consistiu na colisión frontal entre dous coches, un con catro ocupantes e outro con un.
Foron alertados os Bombeiros de Pontevedra ante a previsión de que fose necesario excarcerar a algún dos feridos, aínda que finalmente comprobouse que non había ningunha persoa atrapada.
O persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 si confirmou que había catro persoas feridas que foron trasladadas ao hospital.
Ata o lugar tamén se trasladaron tamén a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Pontevedra.
Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, nesta localidade o sinistro produciuse na estrada PO-550 e foi necesario atender a seis feridos catro deles menores e dous adultos.
Ata o lugar, en Castrelo, mobilizáronse ambulancias do 061, a Garda Civil de Trafico e Emerxencias de Cambados.