Ferido tras quedar atrapado nun camión tras chocar contra outro na Autovía do Salnés

Sanxenxo
18 de febreiro 2026

A consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior do camión, polo que necesitou a axuda dos bombeiros para poder saír do vehículo. Foi trasladada ao hospital

Accidente entre dous camións en Nantes

Os dous ocupantes dun camión municipal resultaron ferido este mércores tras sufrir un accidente de tráfico na Autovía do Salnés, ao chocar contra outro camioneiro.

O sinistro rexistrouse este mediodía en Nantes (Sanxenxo), segundo informou o 112 Galicia, na saída do parque empresarial.

A consecuencia do impacto, o condutor do camión resultou ferido leve e o acompañante, tamén traballador municipal, sufriu feridas nunha perna.

Este último quedou atrapado no interior do camión, polo que necesitou a axuda dos bombeiros para poder saír.

Segundo o condutor do outro camión, que foi quen alertou aos servizos de emerxencia, o ferido estaba consciente, pero atrapado polas pernas.

Accidente entre dous camións en NantesConcello de Sanxenxo

Desde o 112 Galicia, solicitaron a intervención dos bombeiros do Salnés, quen, finalmente, sacaron ao ferido do interior da cabina do camión.

Unha vez fóra, foi atendido polo persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, foi evacuado ao hospital.

Todo apunta a que un erro mecánico foi a posible causa do accidente.

O outro camión só sufriu danos materiais.

Ademais de sanitarios e bombeiros, os axentes da Garda Civil de Tráfico tamén acudiron ao lugar do accidente para regular a circulación.