Un ciclista resultou ferido de gravidade tras ser atropelado por un coche que circulaba pola Avenida de Ourense, no Concello de Marín.
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular pasaron aviso a Urxencias Médicas quen confirmou a gravidade do ciclista ferido.
Así mesmo, se informou á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Marín.
O accidente tivo lugar pasados uns minutos das 21:00 horas do xoves.