Ferido un comisario de seguridade ao ser atropelado na Subida Cidade de Pontevedra

Pontevedra
11 de maio 2014
Actualizado: 19:47

A alerta do 112 sitúa en accidente ás 11.30 horas na rotonda de accceso ao polígono industrial do Campiño      

Vehículo implicado no atropelo a un comisario de seguridade na Subida Cidade de Pontevedra Denise

Un comisario de seguridade resultou ferido este domingo ao ser atropelado na Subida Cidade de Pontevedra, segundo informaron fontes de Emerxencias 112 e de Protección Civil.

A alerta do 112 sitúa o accidente ás 11.30 horas na rotonda de accceso ao polígono industrial do Campiño.

Segundo informan testemuñas presenciais produciuse un pequeno accidente que deixou bloqueando o tramo a un dos vehículos que participaban na competición e o ferido, xunto a outras persoas, estaba a axudar a retirar o coche para deixar libre a calzada cando foi arremetido por outro dos participantes na proba automobilística, o piloto Manuel Senra.

Estas mesmas fontes sinalan o tramo non fora cortado polo que non se puido advertir ao resto de participantes da existencia de persoas na estrada.

Segundo confirmaron dende a Escudería Cidade de Pontevedra o ferido é Manolo Vazquez, e atópase ingresado nun centro hospitalario en observación e consciente. Manuel Vázquez contaba con licenza F.G.A. tipo OA.

Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Nacional e Protección Civil de Pontevedra.