Unha persoa que resultou ferida este mércores nun accidente de tráfico ocorrido na PO-308 á altura dos Cotos, en Dorrón.
O accidente ocorreu pouco antes das 14.00 horas e consistiu nunha saída de vía.
Por causas que se descoñecen o condutor perdeu o control do vehículo que acabou envorcado á beira da estrada.
Efectivos de Emerxencias de Sanxenxo e do 061 atenderon á vítima que foi trasladada a un centro sanitario.