Ferido un voluntario de Protección Civil ao caer dunha árbore mentres retiraba un niño de velutinas

O Salnés
07 de agosto 2017

Segundo os datos facilitados ao 112, a vítima permanecía inconsciente e un dos seus compañeiros tivo que practicarlle unha masaxe cardíaca. Acto seguido, o voluntario foi evacuado polos efectivos sanitarios, xa consciente, ao Hospital Montecelo de Pontevedra

Eliminación dun niño de avespas velutinas Concello de Marín

Un voluntario da Agrupación de Protección Civil de Ribadumia resultou ferido este domingo pola tarde tras sufrir unha caída dunha árbore. O efectivo estaba a retirar un niño de avispas velutinas, cando unha das ramas da árbore rompeu, precipitándose ao chan.

Segundo os datos facilitados ao 112, a vítima permanecía inconsciente e un dos seus compañeiros tivo que practicarlle unha masaxe cardíaca. Acto seguido, o voluntario foi evacuado polos efectivos sanitarios, xa consciente, ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

Os feitos tiveron lugar no Couto de Arriba, na parroquia de Barrantes.

Foi Protección Civil a que alertou ao 112 Galicia, ás 20:30 horas da pasada tarde. Pola súa banda, o persoal da central das emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias.

Arquivado en