Fernández Lores: "Moreira só está defendendo os intereses do seu partido e facendo méritos para medrar no PP"

Pontevedra
17 de xullo 2014

O Partido Popular presentará unha interpelación no próximo pleno do día 21 pola uitlización das dependencias municipais para a recepción do portavoz nacional do BNG, Xavier Vencea>

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra / PontevedraViva
Lores fala sobre o canon que paga Defensa polos terreos da Brilat e sobre Jacobo Moreira /

O Partido Popular presentará unha interpretación no próximo pleno, convocado para o 21 de xullo, pola utilización das dependencias municipais para a recepción do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence. O líder da oposición, Jacobo Moreira, esixirá ao alcalde Fernández Lores que aclare se distingue entre a sede dun partido e a dunha institución: "Aínda que non lle agrade, o alcalde o é de todos os pontevedreses, sexan nacionalistas ou non" e entende que o alcalde se encontra "desesperado por atopar apoios tras asentenza do TSXG sobre a paga extra".

Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores arremeteu contra Jacobo Moreira ao entender que, tras a súa elección como presidente do PP local, segue a liña de insistir no apoio ás medidas adoptadas polo goberno e xustificando os incumprimentos da Xunta de Galicia en temas como o do Centro Lúdico Deportivo da Parda, xa que os populares presentarán unha moción no próximo pleno polo proxecto que vai desenvolver agora o goberno local. Tamén presentarán outra moción reclamando máis mobilidade nas rúas de Pontevedra.

Lores criticou a postura mantida por Moreira no caso da paga extra e tamén no do canon que pagará Defensa polo uso da Brilat dos montes comunais cando os populares temían pola marcha do exército da base General Morillo. O alcalde indicou que "Moreira só está defendendo os intereses do seu partido e facer méritos para medrar dentro do PP".

O rexedor tamén insistiu na necesidade dunha alternativa estratéxica para o Porto de Marín para que, no caso de que se execute a sentenza que obriga a eliminar os recheos, as empresas afectadas poidan contar con outros terreos.