Lores desvela que dúas sentenzas sen executar pesan sobre o soldo dos funcionarios municipais

Pontevedra
22 de xullo 2014

"Aínda estamos en prazo, estea vostede tranquilo", respondeu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao ser preguntado durante o pleno por cal será a resposta do Concello ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que obriga a devolver o complemento de produtividade a un grupo de traballadores municipais

Resposta do alcalde á interpretación do PP por recibir a Xabier Vence (BNG) no Concello /
Miguel Anxo Fernández Lores e Jacobo Moreira no Pleno municipal
Miguel Anxo Fernández Lores e Jacobo Moreira no Pleno municipal

"Aínda estamos en prazo, estea vostede tranquilo", respondeu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao ser preguntado durante o pleno por cal será a resposta do Concello ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que obriga a devolver o complemento de produtividade a un grupo de traballadores municipais.

Lores insistiu ante a interpretación do xefe da oposición, Jacobo Moreira, que os servizos xurídicos do Concello están a estudar un posible recurso aínda que non aclarou máis.

O rexedor desvelou que "curiosamente, para que se saiba, hai sentenzas, dúas que eu saiba, dicindo que teñen que devolver unha subida salarial encuberta, unha de gobernos anteriores ao meu e outra do meu goberno", as dúas están sen executar .

"No dé más pistas", respondeulle o voceiro popular, "non o sabías? E que eu non teño nada que ocultar, sintóo", contestou o alcalde.

"Era unha afronta tomar unha medida así na cidade de Rajoy", declarou o alcalde.

Fernández Lores afirmou que Moreira "para medrar no PP" impulsou a demanda interposta pola Subdelegación do Goberno contra a medida adoptada por goberno local co apoio da xunta de persoal e do sector privado da cidade. Dos máis de 8.000 municipios españois, só foi "represaliada" en Pontevedra "porque era unha afronta tomar unha medida así na cidade de Rajoy", declarou o alcalde.

Finalmente Lores asegurou non entender como a Xustiza non mantén un mesmo criterio ao cambiar de cidade, para o que recorreu Lores a un símil médico: "Un infarto de miocardio trátase igual en Pontevedra que na Coruña ou Madrid, e en xustiza debería ser o mesmo", concluíu.