A Festa da Ameixa de Carril celebra o 30 aniversario como referente gastronómico de Galicia

O Salnés
10 de agosto 2025
Actualizado: 19:43

Este ano, con motivo do seu trixésimo aniversario, a festa realizouse durante dous días

Festa da Ameixa de Carril Xunta de Galicia

Carril viviu gozou este domingo coa celebración da XXX edición da Festa da Ameixa, un evento declarado Festa de Interese Turístico Galego desde 2014 e que este ano cumpre unha efeméride histórica.

A lectura do pregón celebrouse ás 12:00 a cargo do actor e humorista Carlos Blanco.

Carlos Blanco lee o pregón na Festa da Ameixa de CarrilXunta de Galicia

No acto inaugural tamén participou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, que destacou que a cita "contribúe a resaltar a importancia da implicación das comunidades pesqueiras na promoción e posta en valor dos produtos".

Villaverde subliñou que o éxito da ameixa de Carril é froito do traballo e esforzo de máis de 650 familias arousás, que exercen o seu labor de forma artesanal, coidando da ría e extraendo todo o seu potencial.

A celebración, que rende homenaxe a un dos moluscos máis apreciados de Galicia, consolidouse como unha das citas culinarias máis importantes do calendario gastronómico galego.

Este ano, con motivo do seu trixésimo aniversario, a festa realizouse durante dous días.