A Festa dos Maios de Poio homenaxeará a Cándido Vicente 'Canducho'

Poio
04 de abril 2026
Actualizado: 27 de abril

O Concello de Poio e os colectivos que participan dos Maios destacan a Canducho como un dos precursores na recuperación, conservación e difusión desta festa no municipio

Cándido Vicente Buceta 'Canducho' co alcalde de Poio, Ángel Moldes Concello de Poio

Cándido Vicente Buceta 'Canducho', veciño de 77 anos de Albar, será protagonista este ano da Festa dos Maios en Poio.

O Concello anunciou que Canducho recibirá unha homenaxe polo seu labor como un dos precursores na recuperación, conservación e difusión desta festa no municipio.

O recoñecemento faráselle o propio día 1 de maio, no transcurso da exhibición e concurso dos maios na Praza do Mosteiro.

Esta iniciativa estreouse en 2024 pondo en valor a figura de Francisco Lobajeira, continuando o pasado ano con Tucho Buceta o ano pasado.

O obxectivo, explica o goberno local, é agradecer o traballo de todas esas persoas que, ano tras ano, comprometéronse e traballaron para recuperar e dar continuidade a unha das tradicións máis arraigadas no municipio.

Con respecto ao homenaxeado de 2026, Cándido Vicente Buceta 'Canducho' iniciouse con apenas 12 anos nesta tradición en San Salvador.

Canducho é ademais artífice de instaurar en Poio o barco tradicional, facendo homenaxe á tradición mariñeira do municipio.

INSCRICIÓNS Á FESTA DOS MAIOS

Segundo avanzou o Concello de Poio, as inscricións para participar na Festa dos Maios poderán formalizarse entre os días 13 e 24 de abril a través da sede electrónica do concello ou no rexistro.

En canto aos premios, repartiranse entre o tres primeiros clasificados nas categorías ao mellor conxunto (220, 180 e 150 euros, respectivamente), mellor maio, mellores coplas, mellor coroa, mellor actuación e mellor barco galego tradicional. Neste catro grupos os premios serán de 150, 120 e 100 euros, respectivamente. No caso de mellor actuación, inclúense tamén 4º premio (80 euros) e 5º premio (50 euros). A maiores, polo mero feito de participar, cada maio recibirá 200 euros e dous roscóns.

Arquivado en