Homenaxe a 'Tucho' de Liñares e moita competencia na Festa dos Maios de Poio

Poio
01 de maio 2025

Ademais de dar a benvida a maio e de manter a tradición secular, a edición 2025 serviu para homenaxear a Antonio Buceta González "Tucho”, de Liñares, pola súa contribución a recuperar a festa

Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025 / Concello de Poio

A Praza do Mosteiro de Poio rendeuse este xoves ao bo tempo e á Festa dos Maios, unha das máis participativas e arraigadas no municipio, que este ano contou con 14 creacións participantes.

Ademais de dar a benvida a maio e de manter a tradición secular, a edición deste 2025 tamén serviu para render homenaxe a Antonio Buceta González "Tucho”, veciño de Liñares, pola súa contribución a recuperar, difundir, conservar e expandir a tradición dos maios dentro e fóra do municipio.

Os premios, que entregaron preto de 5.500 euros, estiveron moi repartido, con empate de varias propostas en cada categoría. 

Na categoría de Maio, o primeiro premio foi para Maiolo; o segundo, para Vilariño; e o terceiro, para Pitufeiro e Fontenla.

Na categoría de mellor Barco Galego Tradicional, o primeiro premio foi para Pequecheiro e Fontenla; o segundo, para Boureante; e o terceiro, para Vilariño e Mare Podium.

Na categoría de Coplas, o primeiro premio foi para Ronsel; o segundo, para Pim Pin; e o terceiro, para Mare Podium.

Na categoría de Actuación, o primeiro premio foi para Fontenla e tamén foron premiados Vilariño, Laretas e Mare Podium co segundo premio, Maiolo (3)Isidoro (4), Armadiña (5), Pequemaio (6) e Rockeiriño (7).

Na categoría de Coroa, o primeiro premio foi para Pitufeiro; o segundo, para Vilariño e Maiolo; e o terceiro, para Fontenla.

Na categoría de Conxunto, o primeiro premio foi para Fontenla e Pitufeiro; o segundo, para Vilariño; e o terceiro, para Mare Podium e Maiolo.

Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025
Festa dos Maios de Poio 2025