Festa "monumental" para celebrar a volta ao cole

Pontevedra
10 de setembro 2015

A asociación de comerciantes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental convoca un ano máis o seu xa clásica festa de volta ao cole

Festa de volta ao cole da Zona Monumental PontevedraViva

A asociación de comerciantes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental convoca un ano máis o seu xa clásica festa de volta ao cole.

Este venres os máis pequenos da casa poderán gozar de toda unha serie de actividades lúdicas e gratuítas que se celebrarán nas diversas rúas e prazas do centro histórico.

Será pola tarde de 16:30 a 20:30 horas. Coa seguinte distribución:

  • Praza Curros Enríquez: Rocódromo e xogos tradicionais
  • Praza Méndez Núñez: ludoteca, taller, inchable "Salón de vaqueiros" e ás 18.30 horas contacontos.
  • Praza Valentín García Escudeiro: inchable "Crocodilo" e "Táboa de surf"
  • Rúa Serra: Circuíto Scooter, tiro con arco e xogos de puntería.

O final de festa virá, como xa é tradicional, co gran baño de escuma que comezará ás 19 horas na praza da Pedreira (Mugartegui).

Con estas actividades, CCU Zona Monumental pretende premiar aos seus clientes e seguir dinamizando o centro histórico.