Festa rachada en Poio cun multitudinario San Xoán

Poio
24 de xuño 2025

Fogos de artificio, sardiñas, música e por suposto fogueiras. Poio viviu a súa noite máis especial do ano para celebrar a festividade de San Xoán

Celebración de San Xoán na Seca
Celebración de San Xoán na Seca / Concello de Poio

É a noite máis especial do ano en Poio, e volveu a demostrar o por que.

A xente botouse á rúa para vivir un San Xoán que sempre é especial no municipio, no medio das súas festas patronais.

Non faltou de nada, sobre todo nas actividades organizadas na Seca desde o propio Concello.

Fogos artificiais, música, sardiñada e por suposto, unha gran fogueira coa que espantar o 'meigallo'.

En todo o municipio estaban autorizadas máis de 200 cacharelas, incluídas algunhas nas praias de Sinás, Raxó, Laño, Ouriceira, O Padrón, Campelo (porto) e Lourido.

Con todo o gran punto de atención estaba posto na Seca, a máis multitudinaria de todas elas.

Unha demostración de que o espírito da noite de San Xoán segue a latexar con forza en Poio.

Iso si, había que reservar algo de forzas porque as Festas de San Xoán en Poio non fixeron máis que comezar.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora