Festa de volta ao cole na zona monumental

Pontevedra
01 de setembro 2025
Actualizado: 12:28

O centro comercial urbano Zona Monumental organiza, un ano máis, unha Gran Festa de volta ao Cole o luns 8 de setembro.

Festa Fin de Cole do CCU Zona Monumental Mónica Patxot

A volta ao cole volverá ser unha festa no centro histórico de Pontevedra. O centro comercial urbano Zona Monumental organiza, un ano máis, unha Gran Festa de volta ao Cole o vindeiro luns 8 de setembro

Os nenos poderán participar gratis coa presentación dun ticket de compra nalgún dos establecementos do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

A festa será entre as 16.30 horas e as 20.30 horas nas prazas do centro histórico. 

Na praza de Curros Enríquez haberá un mural de arte colaborativa e un rocódromo de 8 metros. 

Na praza Méndez Núñez haberá actividades de pinta caras e bebeteca. 

Na praza Valentín García Escudero montarase un taller de manualidades. 

Na rúa Serra poñerase en marcha inchables. 

Como colofón a unha tarde de xogos, volverá unha das citas máis esperadas para mes de setembro, a tradicional festa da escuma. Será ás 19:30 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.