Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e dous produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho e o mexillón.
O berberecho é un molusco rico en ferro, que o converte nun grande aliado fronte á anemia. Ademais, achega proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fano un alimento ideal nas dietas de adelgazamento.
Os mexillóns son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
Para preparar uns deliciosos fideos á mariñeira con conservas Pescamar, precisamos os seguintes ingredientes:
- 250 g. de fideos
- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar
- 1 lata de mexillóns en salsa de vieira Pescamar
- 8 langostinos
- 1 cullerada de aceite de oliva
- 1 cullerada de fariña
- cuarto litro de caldo de peixe
- 1 folla de loureiro, 1 cebola pequena, 1 dente de allo
- 1 pemento vermello, 1 tomate pequeno e 6 tomatiños cereixas
- sal, pementa branca e pirixel picado
Preparación:
Picamos a cebola e o pemento moi miúdos e os pasamos polo aceite. Engadimos o allo tamén moi picado e o tomate.
Cando a mestura estea sofritida, incorporamos a fariña, removendo rapidamente durante uns 3 minutos, evitando que se torre.
Vertemos aos poucos o caldo de peixe e o mollo dos berberechos sen deixar de remover. Salpementamos ao gusto.
Agregamos a lata de berberechos ao natural e os mexillóns en salsa de vieira Pescamar, ademais dos langostinos pelados e a folla de loureiro. Deixamos cocer durante 5 minutos. Reservamos.
Mentres tanto, poñemos tamén a cocer os espaguetes. Cando alcancen o punto "ao dente", procedemos a escorrelos e colocámolos nunha fonte. Recubrimos coa mestura que reservaramos e adornamos cunhas follas de pirixel e os tomatiños cereixa.
Nunha quincena, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.