Figueroa estrea un aparcadoiro que servirá de campo da festa

Cerdedo Cotobade
18 de xuño 2018

Nesta actuación se investiron 140.000 euros para a súa pavimentación, peche e creación de aparcadoiros, o que permitirá dar un servizo axeitado aos veciños durante as súas festas, celebracións ou eventos sociais

Estrea do campo da festa de Figueiroa Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade inaugurou esta fin de semana o novo campo da festa da parroquia de Figueroa.

Nesta actuación se investiron 140.000 euros para a súa pavimentación, peche e creación de aparcadoiros, o que permitirá dar un servizo axeitado aos veciños durante as súas festas, celebracións ou eventos sociais.

Ademais, a dotación de zonas de estacionamento, tendo en conta que o campo está nas proximidades da igrexa parroquial, facilitará que os vehículos poidan aparcar con comodidade tamén durante os actos relixiosos.

A inauguración, que se celebrou cunha cea e tivo lugar durante as festas patronais de Figueroa celebradas durante esta fin de semana, contou coa presenza do presidente e o vicepresidente municipais, Jorge Cubela e José Balseiros, de membros do goberno local e de representantes veciñais.