Lourdes Pérez e José Luis Argibay son un matrimonio de Vilaboa que están pendentes de que o Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra dite sentenza. Mentres tanto teñen unha orde de embargo do 30 por cento sobre os seus ingresos como forma de aval.
A Fiscalía pide para eles unha condena de ano e medio de prisión por delito urbanístico e 14.000 euros de multa.
O seu delito foi construír unha vivenda sen licenza en Postemirón incumprindo a normativa urbanística. O representante do Ministerio Público tamén pide a derriba desta casa.
Este martes celebrouse o xuízo na Parda e ata alí acudiron numeros veciños para apoiar a esta familia.
O avogado de Lourdes e José Luis esgrimiu como defensa que a causa está prescrita e subliñou que a vivenda poderá ser legalizada cando se aprobe o novo Plan Xeral de Vilaboa, algo que corroborou o propio goberno local.
O letrado solicitou, por tanto, a libre absolución, unha petición que conta co respaldo da corporación local expresado en sesión plenaria.