Fomentan entre os adolescentes o uso da bicicleta para trasladarse aos institutos

Pontevedra
28 de maio 2016

A asociación Pedaladas vai impartir no IES Sánchez Cantón e no IES Frai Martín Sarmiento en Pontevedra unha xornada de Seguridade Viaria para Ciclistas durante o mes de xuño

Bicicletas
Bicicletas

Buscan que os mozos substitúan os desprazamentos aos centros de estudo en vehículos a motor por desprazamentos en bicicleta ou a pé. A asociación Pedaladas para tentar lograr este obxectivo poñerá en marcha a partir do mes de xuño unha xornada de Seguridade Viaria para Ciclistas nos institutos Sánchez Cantón e en Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, ademais de en o IES Sampaio de Tui.

Esta xornada levará o título de "Mobilidade sostible e seguridade viaria para ciclistas" e impartirase como proba piloto nestes tres institutos para a implantación en máis centros de estudos a partir do curso 2016-17.

A asociación seleccionou estes dous centros de Pontevedra porque contan con estudantes quese desprazan habitualmente en bicicleta ao seu centro de estudos e contan con apoio da dirección do centro para fomentar este vehículo.

A xornada de formación dividirase nun apartado sobre a mobilidade sustentable ciclista e peonil en contraposición co automóbil e os problemas de contaminación que os motores ocasionan e, por outra banda, haberá un apartado sobre a seguridade viaria para ciclistas na que se impartirá normativa, consellos e elementos obrigatorios na circulación usando unha bicicleta.

Segundo este colectivo, detectouse un alto descoñecemento social das normas de circulación. Apuntan que a falta de cultura ciclista en España é un problema que ocasiona conflitos de convivencia que non se detectan noutros lugares onde a bicicleta está aceptada como un vehículo para formar ás novas xeracións no cumprimento das normas de circulación.