Fomento convoca dende hoxe os donos de 900 terreos para as expropiacións da circunvalación

Pontevedra
11 de novembro 2013

Estes propietarios recibiron nas últimas semanas as correspondentes citacións para este tramo entre Vilaboa e A Ermida, que terá sete quilómetros e que en Pontevedra afecta a 884 terreos das parroquias de Marcón, Tomeza e Canicouva

Dende este luns 11 de novembro e ata o próximo día 28 os propietarios de preto de 900 terreos afectados polo primeiro tramo da circunvalación están convocados polo Ministerio de Fomento no Pazo da Cultura para o levantamento das actas previas á ocupación.

Estes propietarios recibiron nas últimas semanas as correspondentes citacións para este tramo entre Vilaboa e A Ermida, que terá sete quilómetros e que en Pontevedra afecta a 884 terreos das parroquias de Marcón, Tomeza e Canicouva.

Os veciños deberán acudir cos "documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles".

O municipio de Pontevedra inicia así o proceso que acaba de concluír en Vilaboa, onde o número de terreos e veciños afectados é maior que en Pontevedra xa que ademais do tramo propio da A-57, se inclúe un amplo ramal de conexión coa N-550.

Arquivado en