Formación sociosanitaria para garantir emprego en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
24 de xaneiro 2026
Actualizado: 7:50

O alcalde Jorge Cubela anuncia unha nova edición do curso oficial tras acadar un 70% de inserción laboral na convocatoria anterior

Curso de formación sociosanitaria en Cerdedo Cotobade
Curso de formación sociosanitaria en Cerdedo Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

O sector dos coidados seguirá a ser parte importante da estratexia de emprego en Cerdedo-Cotobade. O alcalde, Jorge Cubela, anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición do curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Segundo o goberno local, esta formación converteuse nun motor real de inserción laboral no municipio. A última edición pechouse cun 70% do alumnado traballando ao finalizar o proceso.

O goberno local quere, entre persoas desempregadas, preparar profesionais cualificados ante o avanzado estado das obras da futura Residencia de Maiores de Carballedo, un proxecto que incrementará de xeito inmediato a demanda de persoal especializado na zona.

O curso, que permitirá obter o certificado de profesionalidade imprescindible para traballar en residencias de toda Galicia, consta de 450 horas de formación.

As clases impartiranse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións homologadas do Centro Cultural de Tenorio.

O rexedor municipal, Jorge Cubela, destacou que este investimento en formación é, en realidade, "un investimento no futuro do concello", subliñando que o obxectivo é "fixar poboación e ofrecer oportunidades laborais de calidade nun ámbito estratéxico como é o coidado dos nosos maiores". 

O proxecto conta co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e coa colaboración técnica da empresa Magnafor Qualitas SL.

As persoas interesadas en dar un xiro á súa carreira profesional ou en acceder ao mercado laboral teñen de prazo desde este venres 23 ata o próximo 16 de febreiro para formalizar a súa preinscrición.

O procedemento pode realizarse de dúas formas: en la sede del Concello en Cerdedo o telefonicamente chamando ao número 986 75 30 06 para obter máis información.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora