Galicia levantará a próxima semana a emerxencia sanitaria pola covid-19

Pontevedra
13 de outubro 2021

O camiño á nova normalidade xa ten data en Galicia. A Xunta levantará o estado de emerxencia sanitaria, en vigor desde o inicio da pandemia da covid-19, a próxima semana. Así o avanzou este mércores o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo

Xente paseando con máscaras por Pontevedra Cristina Saiz

O camiño á nova normalidade xa ten data en Galicia. A Xunta levantará o estado de emerxencia sanitaria, en vigor desde o inicio da pandemia da covid-19, a próxima semana. Así o avanzou este mércores o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Ao comezo do debate do estado da autonomía, que se está celebrando no Parlamento galego, Núñez Feijóo explicou que "se ve a luz ao final do túnel" e que Galicia poderá xestionar a pandemia cos "instrumentos" da Lei de Saúde Pública,

"Estamos nunha nova etapa", subliñou o titular da Xunta, que asegurou que "hai ganas de pasar esta páxina, de deixar de sobrevivir para vivir".

Iso si, o dirixente aclarou que isto non significa que o goberno galego "deixe de tomar medidas" xa que, entre outras cuestións, seguirán vixentes as normas relativas ás distancias sociais ou ao uso obrigatorio da máscara en espazos interiores.

A falta de coñecer os detalles sobre esta decisión, o presidente da Xunta quixo lembrar ás 2.463 vítimas mortais da pandemia en Galicia e a todos aqueles que continúan sufrindo os efectos ou secuelas provocados pola enfermidade.

A este respecto, Feijóo anunciou que Galicia erixirá un monumento ás vítimas da covid-19, "que sirva de recordo para as xeracións futuras do que ocurreu e tamén de exemplo por como respondemos".