Galiza Nova renova a dirección comarcal

Pontevedra
11 de outubro 2021

Xoán Antelo, de Cerdedo-Cotobade e Andrea Ferrer, de Poio, son desde agora as persoas responsables de Galiza Nova na comarca de Pontevedra, elixidas na asemblea do pasado sábado 9 de outubro

Xoán Antelo e Andrea Ferrer Galiza Nova

Xoán Antelo, de Cerdedo-Cotobade e Andrea Ferrer, de Poio, son desde agora as persoas responsables de Galiza Nova na comarca de Pontevedra, elixidas na asemblea do pasado sábado 9 de outubro. 

Así, culmina un proceso de renovación de persoas e proxecto tras a XVI Asemblea Nacional celebrada o 11 de setembro deste mesmo ano en Pontevedra.

"Marcámonos como retos ampliar a base militante e simpatizante en todas as localidades", dixo Xoán Antelo logo de ser elixido. 

A organización xuvenil vén de crear unha conta de Instagram (@pontevedra_gn), coa que espera conectar de forma máis directa e actual coa mocidade.

Andrea Ferrer afirmou estar "moi ilusionada pola confianza das miñas compañeiras e co proxecto que representan Galiza Nova e o BNG para gañar unha nova Galiza".