Galiza Nova renova a súa Secretaría Xeral nunha asemblea celebrada en Pontevedra

Pontevedra
12 de setembro 2021

A nova secretaria xeral da organización xuvenil do BNG é Marta Gómez.

Ana Pontón e Marta Gómez
Ana Pontón e Marta Gómez / Ana Pontón (Twitter)

Galiza Nova celebrou a súa XVI Asemblea Nacional este sábado no Pazo da Cultura, con vontade de renovar esforzos e marcar a liña de actuación para os próximos dous anos.

A nova secretaria xeral da organización xuvenil do BNG é Marta Gómez.

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou neste acto e lanzou á mocidade unha mensaxe de "esperanza fronte á desfeita que nos deixa o PP en Galiza" e asegurou que o Bloque "vai deixar a pel para que non sexan os mozos e as mozas quen paguen os pratos rotos da crise económica desta pandemia". 

Pontón animou á mocidade a converterse "no motor de cambio que Galiza precisa impulsando a primeira Presidencia do BNG".

A portavoz nacional fixo un chamamento á xente nova a sumarse ao Bloque, "o máis inconformista", para deixar atrás a un PP que "lle está roubando o futuro".