Polo menos unha decena de persoas foron detidas este mércores nun operativo policial desenvolvido na comarca pontevedresa do Salnés contra a venda de cocaína, heroína e haxix.
A operación está a ser desenvolvida de maneira conxunta por axentes das unidades Udyco e Greco da Policía Nacional e do equipo EDOA da Garda Civil.
Está dirixida pola maxistrada da praza número 2 da sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Caldas de Reis.
A xuíza decretou o segredo de sumario sobre este operativo contra o narcotráfico.
Os arrestados pasarán a disposición xudicial, previsiblemente o vindeiro venres, segundo avanzou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Fontes da investigación confirmaron a PontevedraViva que esta operación non se limita ao Salnés e que mesmo iría máis aló de Galicia.
No caso da provincia pontevedresa, realizáronse detencións e rexistros en diversas propiedades de Vilagarcía, Vilanova e A Illa de Arousa