Grandes oportunidades nunha nova edición do Stock Pontevedra

Pontevedra
03 de febreiro 2017

Con 68 postos de pequenos comercios de Pontevedra ponse en marcha esta inciativa que pretende apoiar ao comercio local, retirar stock e aproveitar a finalización do período de rebaixas

Feira de oportunidades Stock Pontevedra
Feira de oportunidades Stock Pontevedra / Mónica Patxot

Un ano máis, o Recinto Feiral de Pontevedra acolle dende o venres 3 de febreiro ata o domingo 5 o Stock Pontevedra co obxectivo de apoiar ao comercio local. A entrada supón un custo de 1,50 €, sendo gratuíta para os menores de 12 anos, que contarán cun servizo de gardería dentro do propio recinto.

A Asociación de Empresarios de Pontevedra (AEMPE) e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental apoian esta iniciativa que pretende, segundo Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica, "apostar polo comercio local, o único que vai garantir o deselvolvemento económico dos nosos concellos". 

Con este obxectivo, un total de 68 casetas ofrecerán unha ampla variedade de produtos, dende téxtiles, zapatos e charcutería ata materiais e equipamento de pesca, unha das novidades deste ano. Pero todos co denominador común de pertencer a Pontevedra e aos seus concellos lindeiros.

Para comerciantes como Montse, de Claké (O Grove), o obxectivo principal é "quitar stock y liberar estanterías" aproveitando o tirón das rebaixas, algo que concorda coas palabras de Sol Vázquez, directora de Comercio e Consumo de Galicia, e recalca a importacia "do comercio de veciños" que "contribúe a facer cidade".

Stock Pontevedra estará aberto ao público en horario ininterrompido de 11:00 horas a 21:00 horas e a entrada realizarase polo parking, onde poderá comprarse a entrada, que será válida para o todo día no que foi adquirida.