Obxectivo acadado. Fundación Meniños, Redeaxuda e a Concellería de Benestar Social Municipal dan unhas inmensas GRAZAS a todos os cómplices dos Reis Magos por facer posible que as Súas Maxestades de Oriente cheguen na madrugada do 6 de xaneiro a todos os fogares de Pontevedra, por facer posible que ningún rapaz do concello quede sen agasallo.
Un total de 540 nenos recibirán agasallos de Reis grazas ao programa en(Volve), no que inscribíronse 560 cómplices, quedando unha vintena na lista de agarda por se houbese algunha emerxencia.
Recollidos todos os agasallos na Casa Azul, este mesmo mércores comezaron a distribución aos domicilios.
A Concellería de Benestar Social subliña a dose de solidariedade que hai detrás do xesto de ser cómplice, unha solidariedade que, recordan, marca a forma de ser dos pontevedreses.