Gregorio Agís, presentado como candidato do PSOE en Poio: "Queremos a alcaldía"

Poio
08 de outubro 2022

"Teño o mandato da executiva de gobernar Poio e faelo dende a alcaldía. Non nos conformamos con aumentar os resultados", defendeu o actual concelleiro da corporación municipal de Poio, ratificado pola asemblea local do seu partido como candidato á alcadía e que recibiu o apoio este sábado da presidenta provincial, Carmela Silva, e do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso

Presentación de Gregorio Agís como candidato do PSOE á alcaldía de Poio PSdeG-PSOE

O Partido Socialista de Poio xa ten, de maneira oficial, candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais. 

Trátase de Gregorío Agís, actual concelleiro da corporación que foi ratificado na asemblea local do seu partido e que este sábado presentou oficialmente a súa candidatura arroupado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, ademais doutros compañeiros de organización como o disputado estatal Guillermo Meijón e a deputada autonómica Paloma Castro.

"O reto é enorme", asegurou Agís consciente que "hai moitas expectativas" porquer "teño ou mandato da executiva de gobernar Poio e faelo dende a alcaldía".

O socialista sinalou que tras a renuncia para continuar do alcalde, o nacionalista Luciano Sobral, "hai un cambio de ciclo e cremos que o partido está preparado". Tanto é así que "non nos conformamos con aumentar os resultados, senón que queremos a alcaldía e ter unha ampla maioría que nos permita gobernar sen ataduras", afirmou con ambición.

O seu proxecto para Poio, asegurou, será "integrador, onde todo o mundo cabe, onde a veciñanza é ou centro da acción política, un proxecto de modernización, de mellora do noso municipio, de xeración de riqueza e benestar para os nosos cidadáns", defendendo como norma que "cando un veciño entra no Concello ten que sair cunha solución, esa é a nosa flosofía".

Gregorio Agís: "Non nos conformamos con aumentar os resultados, senón que queremos a alcaldía"

 

Confirmado Gregorio Agís como cabeza de cartel, agora será momento para pensar "nunha lista cos mellores, unha lista integradora e de xente competente e capaz", e sobre todo, de "temos que estar a pé de rúa para conseguir que a xente confía en nós".

CARMELA SILVA E VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO ARROUPAN O CANDIDATO

Antes da intervención de Gregorio Agís a presidenta provincial, Carmela Silva, dedicoulle unhas cariñosas palabras de apoio afirmando que "non hai un candidato mellor para dirixir o presente e o futuro de Poio", destacando a súa capacidade para atender os cidadáns. "Ten a capacidade de falar coa xente do pequeno, do que demanda a xente do Concello. Goyo sempre escoita", destacou lembrando a xestión do agora candidato para lograr a cesión da Illa de Tambo.

Pola súa banda o máximo responsable do PSOE galego, Valentín González Formoso, defendeu que Agís "merece ser alcalde e vai ser alcalde", porque se trata dunha persoa que "transmite seriedade, responsabilidade e é de consenso".