O Guernica de Picasso, reproducido en pedra no CIFP de Cantería de Galicia

Poio
17 de xuño 2025
Actualizado: 16:32

A obra poderá verse, xunto co resto de pezas de fin de curso do alumnado, na exposición aberta ao público desde o vindeiro luns 23 de xuño ata o venres 13 de xullo de 9:00 a 14:00 horas

O Guernica de Picasso, no CIFP de Cantería de Galicia
O Guernica de Picasso, no CIFP de Cantería de Galicia / CIFP de Cantería de Galicia

O alumnado do plan vello da antigua Escola de Canteiros que este ano remata o seu último curso, traballou nunha reprodución a escala do Guernica de Picasso cunhas medidas aproximadas de dous metros de alto por case catro e medio de ancho e un peso total de 1.200 kg.

Colaborou tamén en partes do proceso o alumnado do novo ciclo de Pedra Natural alta especialización en cantería (ciclo único no territorio español que dá o relevo ao extinto título propio da Escola de Canteiros).

O proceso foi dirixido polo docente e mestre escultor, Adrián Otero Chantada, e polo oficial de maquinaria e docente de corte de pedra, Manuel Ángel Vidal Santos.

Un traballo que comezou ao comezo de curso e que culminaron este mes de xuño, logo dun proceso escultórico de escalado e reproducción dun baixo relieve homenaxe ao Guernica de Pablo Picasso.

A obra está elaborada en granito negro de Zimbawe, mármol branco de Macael de Almería e mármol arabescato veteado. Os distintos elementos que configuran a obra foron tallados a man e logo colocados seguindo a obra orixinal.

Foi instalada na fachada principal do centro cunha orientación suroeste, o que fai que cando o sol está no seu punto máis alto xera unhas sombras no relieve que acentúan o traballo realizado.

A obra poderá verse xunto co resto de pezas de fin de curso do alumnado na exposición aberta ao público desde o luns 23 de xuño ata o venres 13 de xullo de 9:00 a 14:00 horas. Este venres 20 de xuño terá lugar a inauguración oficial ás 12:00 horas