A imaxe resulta impactante. Desde primeira hora da mañá deste xoves, un guindastre de grandes dimensións e un contedor suspendido no aire permite o inicio da demolición do edificio incendiado na madrugada do martes na rúa Riestra de Pontevedra.
Xa puideron retirarse as primeiras pedras da fachada, que se van rompendo de xeito controlado e introducindo dentro dese contedor, evitando, deste xeito, a caída de restos á rúa.
Todo o proceso estase a realizar desde o exterior, pois non pode garantirse un acceso seguro ao interior do inmoble.
A concelleira de Seguridade Cidadá e alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde, deu conta este xoves das útlimas novidades da xestión do lume e confirmou que as primeiras imaxes tomadas unha vez que se deu por controlado confirman que "foi bastante intenso, como xa cabía esperar".
O lume deuse por extinguido na tarde do mércores, unha vez que se retiraron as láminas da cuberta e puideron chegar aos taboleiros da parte esquerda dos que non paraba de saír fume. Cando puideron chegar a esa zona, puideron enfriala xa por dentro de xeito directo e dar o lume por apagado "completamente", descartando a posibilidade de que se reavivase.

Os bombeiros abandonaron a zona durante a tarde do mércores, unha vez que confirmaron que todo xa estaba "extinguido, apagado, ben enfriado", aínda que continuaron en coordinación permanente coa empresa de demolición, los técnicos municipais e a Policía Local.
Este xoves, os traballos céntranse na demolición e incorporan novidades sobre os plans iniciais. Retirada a cuberta, os técnicos municipais e a empresa de demolición puideron acceder desde o exterior e ver como estaba a estructura.
Confirmaron que toda a zona de baixo-cuberta e do segundo andar están "absolutamente queimados, non queda nada" e tamén que a parede que une esa bufarda co resto do baixo-cuberta e os puntais de madeira está tamén "moi afectados".
Con eses datos sobre a mesa, decidiron "desmontar e demoler esa parte toda". Comezaron polo pinche que se ve desde fora porque os técnicos municipais e os bombeiros están preocupados "por si pode caer tanto cara á vía pública como cara ao interior e poder colapsar o resto do edificio".
Con esa parte frontal da bufarda tamén se quitará a parede medianeira da esquerda porque "está moi afectada, ten moitas gretas, está aberta e en calquera momento tamén pode caer".
Logo desmontarán a cuberta da dereita para facer a mesma operación e "probablemente" tamén esa medianera, que está moi afectada.
Trátase, segundo a información facilitada por Eva Vilaverde, dun procedemento "delicado" para evitar unha demolición perigosa que afecte á estrutura ou que poida causar perigo na vía.
Durante o proceso irán comprobando como está a estabilidade da estrutura das diferentes paredes e das placas de madeira. Irán "paso a paso" vendo como está todo para determinar tamén cando se pode acceder ao interior.
De momento, "teñen claro que non poden entrar mentres non se asegure a súa entrada" e irán valorando, pois tamén a escaleira está "toda derruída" e queda por comprobar como están as paredes.
En canto se poida entrar, os primeiros serán os axentes da Policía Científica e os inquilinos do edificio, que teñen no interior todas as súas posesións. De momento, "pola súa propia seguridade, non poden acceder".
Todos os inquilinos foron realoxados "con carácter de urxencia" en vivendas do Concello, dos caseiros e de familiares e achegados e os servizos sociais municipais están en contacto con eles, pero descartan facilitar máis datos persoais por respecto á súa intimidade.
CHAMAMENTO Á CIDADANÍA
Eva Vilaverde fixo este xoves un chamamento á cidadanía para que respecten os valados que impiden o paso por este tramo da rúa Riestra, alertando do risco que pode xerarse na rúa polo estado do edificio.
"Se hai valados é por algo", sinalou.

Traballos de demolición controlada no edificio incendiado en Riestra

Vehículo da Policía Científica na zona do incendio de Riestra

Axentes da Policía Nacional e Local | ARQUIVO

Estado do interior do inmoble incendiado en Riestra