Habilitan unha zona de aparcadoiros para afrontar a primeira fase de obras en Concepción Arenal

Marín
15 de febreiro 2019

Aínda quedan trámites para iniciar as obras neste tramo que vai desde o límite con Pontevedra ata a intersección da rúa José Trasande de Marín. O investimento das dúas fases das obras desta rúa ascende a 1.615.136 euros

Aparcadoiro alternativo en Marín para as obras de Concepción Arenal
Aparcadoiro alternativo en Marín para as obras de Concepción Arenal / Concello de Marín

O goberno local de Marín recoñece que aínda quedan algúns trámites por finalizar para acometer a primeira fase das obras na rúa Concepción Arenal, no tramo entre o límite co municipio de Pontevedra ata a intersección coa rúa José Trasande

Desde o  Concello sinalan que é necesario aclarar algunhas das  cuesiones que foron solicitadas pola veciñanza. En todo caso, o goberno de María Ramallo espera que nos próximos días, tras revisar os informes que se acheguen, se adopte a decisión de establecer unha data para o inicio destes traballos.

Como previsión, está a habilitarse unha  zon de aparcadoiro nuns terreos particulares que ceden o seu uso. Desta forma, o  Concello espera ofrecer unha alternativa aos problemas para estacionar que xeren as obras.

Tamén desde a administración local queren, nos próximos días, asfaltar e pintar as zonas de aparcadoiro que se recuperarán na avenida de Ourense.

As obras desta primeira fase foron adxudicadas á empresa Oresa e o importe das dúas fases de desenvolvemento da actuación é de 1.615.136 euros.

PARQUE  EGUREN

O goberno local, ademais, licitou as obras de mellora da zona de xogos no Parque Eguren. Instalaranse diversos xogos infantís, un peche perimetral e un novo pavimento de caucho.

O orzamento alcanza os 161.472 euros e os traballos está previsto que os acometa a empresa  Jardincelas.

Tamén está previsto que, en breve, finalice a actuación no Camiño de San Blas, que conecta dúas zonas ofrecendo unha saída á PO-551.

O orzamento supera os 41.726 euros e a execución dos traballos corresponde á empresa COVSA.