Hai 31 casos de coronavirus en centros educativos de Pontevedra e a súa área

Pontevedra
23 de setembro 2020

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade actualizou a información referida aos casos de Covid-19 nas escolas infantís e os centros educativos da área de Pontevedra, cun total de 31 casos activos e 12 aulas pechadas

Colexio Calasancio de Pontevedra
Colexio Calasancio de Pontevedra / Mónica Patxot

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade actualizou a información referida aos casos de Covid-19 nas escolas infantís e os centros educativos da área de Pontevedra, cun total de 31 casos activos e 12 aulas pechadas.

Son as escolas infantís: Dalila (1 caso e unha aula pechada) e a Casa do Mar (1 caso), en Marín; o Sek Atlántico (1 caso), en Poio; a escola infantil da Parda (1 caso e unha aula pechada), en Pontevedra; a escola infantil de Vilaboa (2 casos e unha aula pechada); a E.I de Tenorio (1 caso e unha aula pechada), en Cerdedo-Cotobade.

En canto aos colexios e institutos, a listaxe inclúe ao IES da Cañiza (1 caso); o CEIP Amor Ruibal, de Barro (1 caso); o CPI Alfonso VII de Caldas de Reis (1 caso); o CPR Plurilingüe A Inmaculada, de Marín (1 caso); o CPI Mosteiro-Meis (1 caso) e o CPR San Francisco de Vilagarcía de Arousa, (1 caso e unha aula pechada).

No municipio de Sanxenxo son tres colexios: o CEIP de Noalla-Telleiro (1 caso), CEIP Magaláns-Dorrón (1 caso e unha aula pechada) e CEIP Cruceiro (1 caso e unha aula pechada).

No municipio de Pontevedra son os colexios Calasancio (6 casos e dúas aulas pechadas), CPR Sagrado Corazón de Praceres (1 caso e unha aula pechada), CEIP Barcelos (3 caso e dúas aulas pechadas), CEIP de Marcón (1 caso), o IES Frei Martín Sarmiento (1 caso), o CEIP A Xunqueira (1 caso e unha aula pechada), CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (1 caso) e o CEIP de Cabanas (1 caso).