Hoempo busca fórmulas para atraer máis turismo a Pontevedra

Pontevedra
15 de xullo 2019

A Asociación de Hosteleiros e Empresarios de Pontevedra renovó a súa xunta directiva, que continúa presidindo Víctor Parmpín. Afirman que o turismo está a medrar a costa do Camiño Portugués a Santiago pero entenden que é necesaria algunha outra fórmula para potenciar a presenza de visitantes durante todo o ano

Xunta directiva de Hoempo
Xunta directiva de Hoempo

Víctor Pampín continuará a ser o presidente de Hoempo (Asociación de Hosteleros e Empresarios de Pontevedra) durante os vindeiros catro anos, despois da renovación da xunta directiva deste colectivo, que conta con preto de 50 asociados.

Precisamente, Pampín afirma que un dos seus principais obxectivos é fortalecer a asociación para crear maiores vencellamentos coas diferentes administracións e ter máis visibilidade.

Unha das súas principais apostas céntrase en potenciar o turismo na cidade. Francesco Ianelli sinala que o turismo está a medrar a costa do Camiño Portugués a Santiago pero entende que é necesario algunha outra fórmula para potenciar a presenza de visitantes durante todo o ano. Neste sentido, o presidente de Hoempo recoñece a necesidade de que se potencien as vías de comunicación da provincia para facilitar a chegada de turistas. Cre que o AVE sería fundamental neste sentdio ao igual que establecer o transporte público para conectar cos aeroportos de Vigo e de Santiago.

Este ano indican que as cifras nas que se manexa o sector hosteleiro aínda son baixas debido ao tempo. Agardan que, entre o 15 de xullo e finais de agosto a actividade económica se incremente de forma notable porque "el tiempo influye mucho". En cambio, aínda non teñen claro como afectan plataformas do tipo Airbnb nos seus negocios. Recoñecen que si teñen repercusión nos hoteis e menos nos establecementos hosteleiros, malia que tamén admiten que en numerosas ocasións estas persoas non realizan gastos importantes fóra dos esus espazos de aloxamento.

Aseguran que a relación co Concello de Pontevedra é boa pero reclaman que conten con eles para calquera proposta que leven a cabo. Tamén destacaron a colaboración de AJE, onde realizaron a presentación, e anunciaron que están a traballar para conseguir convenios con entidades bancarias e empresas eléctricas.