Un home falece en Vilanova de Arousa tras ser alcanzado por un turismo que continuou a marcha

O Salnés
23 de maio 2026
Actualizado: 11:20

A persoa que deu aviso ao servizo de emerxencias indicou que o vehículo implicado non se detivo tras o atropelo e continuou a súa marcha

Atropello mortal en Vilanova Servizos de Emerxencias

Un home perdeu a vida na madrugada deste sábado tras ser atropelado por un turismo na estrada PO-530, ao seu paso pola parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa.

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados informou que o falecido é un home de 79 anos e veciño de Vilanova. 

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse arredor das dúas da madrugada.

A persoa que deu aviso ao servizo de emerxencias indicou que o vehículo implicado non se detivo tras o atropelo e continuou a súa marcha.

A vítima quedou tendida na calzada despois do impacto.

A pesar da intervención dos servizos sanitarios desprazados ao lugar, non foi posible reverter a gravidade das feridas e o home faleceu no punto.

Durante a chamada ao 112, o alertador xa advertira da gravidade do estado da persoa atropelada.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou de inmediato ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que se fixeron cargo das actuacións correspondentes para a investigación do sinistro.