Un home morre tras ser rescatado da auga na praia de Cabeceira en Poio

Poio
08 de xullo 2026

Os servizos de emerxencia tentaron reanimar a vítima. A morte apunta a un problema de saúde previo

Posto de socorrismo na praia de Cabeceira

Un home faleceu a últimas horas da tarde deste mércores no areal de Cabeceira, no municipio de Poio.

Os servizos sanitarios non puideron salvarlle a vida a pesar das manobras de reanimación practicadas no lugar do suceso.

O aviso rexistrouse no centro de atención ás emerxencias 112 Galicia dez minutos despois das 20:00 horas.

Un cidadán alertou os operadores de que varias persoas trasladaban un bañista desde o mar ata a beira e iniciaban os primeiros auxilios.

A partir desa chamada, a central de emerxencias mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Policía Local.

Do mesmo xeito, notificouse a situación a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo e a Protección Civil de Poio.

As forzas de seguridade manteñen aberta unha investigación para esclarecer o falecemento.

Con todo, as primeiras valoracións da Garda Civil sinalan que unha indisposición física mentres o home se atopaba na auga se perfila como a causa do deceso.