Unha muller de 77 anos tivo que ser rescatada da auga tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria na praia da Lapa, en Sanxenxo
O suceso, segundo informou o Concello de Sanxenxo, rexistrouse esta tarde.
A muller estaba á altura das boias cando se empezou a atopar mal.
Os socorristas alertaron unha embarcación do servizo municipal de emerxencias do Grove que estaba máis cerca do areal.
Foron eles os que achegaron á vítima á praia.
Xa na area, os socorristas practicáronlle a RCP até a chegada da ambulancia medicalizada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Unha vez estabilizada foi trasladada ao hospital Montecelo de Pontevedra.