Homenaxe a unha veciña centenaria que formou parte do Coro da Casa Rosada

Poio
26 de decembro 2023

María del Carmen Vázquez Villanueva, veciña da Puntada, en San Salvador, no municipio de Poio, celebrou este martes o seu 100 aniversario con antigas compañeiras da agrupación coral e co alcalde Ángel Moldes

María del Carmen Vázquez Villanueva celebra os seus 100 anos
María del Carmen Vázquez Villanueva celebra os seus 100 anos / Concello de Poio

María del Carmen Vázquez Villanueva é unha veciña da Puntada, na parroquia de San Salvador de Poio, que este martes celebraba o seu 100 aniversario.

Esta muller formou parte do Coro da Terceira Idade da Casa Rosada durante varios anos ata que en 2020 con motivo da irrupción da pandemia pola covid-19 viuse obrigada a abandonar definitivamente a agrupación.

Integrantes da agrupación que compartiron momentos especiais con ela se achegaron para felicitarlle o aniversario e entoaron un "Mañanitas" en homenaxe a María del Carmen Vázquez, que soprou as candeas da torta de aniversario.

Ángel Moldes, alcalde de Poio, tamén asistía a este encontro para entregarlle un ramo de flores, acompañado por Natividad Torres, concelleira de Benestar Social e Igualdade, e por Natalia Sabarís, edil de Cultura e Educación.