Homenaxe ás praceiras "que enchen de vida" o Mercado de Pontevedra

Pontevedra
09 de marzo 2022

Na semana máis intensa de actos conmemorativos e reivindicativos ao redor do 8M, Día Internacional da Muller, as concellerías de Igualdade e de Promoción Económica quixeron homenaxear "ás mulleres que enchen de vida cada día o Mercado de Abastos de Pontevedra"  

Imaxe do vídeo de homenaxe ás praceiras do Mercado de Pontevedra
Imaxe do vídeo de homenaxe ás praceiras do Mercado de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Na semana máis intensa de actos conmemorativos e reivindicativos ao redor do 8M, Día Internacional da Muller, as concellerías de Igualdade e de Promoción Económica quixeron homenaxear "ás mulleres que enchen de vida cada día o mercado de abastos de Pontevedra". 

Un recoñecemento plasmado nun vídeo no que, baixo o hashtag #8Mmulleresdapraza, os departamentos que dirixe a socialista Yoya Blanco danlle voz ás praceiras, nais, fillas, compañeiras, clientas "e por enriba de todo, traballadoras imprescindibles ás que os pontevedreses lles debemos tantísimo".

A concelleira de Igualdade e de Promoción Económica quixo  agradecerlles dun xeito moi especial "a Eva, María, Loly, Ana Belén, Manoli, Pilar, Montse, Lorena e Clara por contarnos o duro que é o traballo dunha praceira, o difícil que é concilialo co labor de nai e o amor incondicional que senten polo que fan: traer ás nosas mesas os mellores produtos frescos do mundo". 

"Unha actividade esencial pola quero darlles as grazas a todas as praceiras, que nos dan sempre o mellor de si mesmas", asegura Yoya Blanco.