O espazo 'Gastro' do Mercado celebra San Patricio con menús especiais, música e moita cervexa

Pontevedra
15 de marzo 2022

Ademais de acoller unha cata comentada de cervexas artesás que terá lugar o xoves 17 en dúas sesións de tarde (ás 19:30 e ás 20:30 horas), o Mercado de Abastos celebrará nos vindeiros días unhas Xornadas Gastroirlandesas para conmemorar a festividade de San Patricio

Festival San Patricio do Mareantes Rugby Club
Festival San Patricio do Mareantes Rugby Club / Mónica Patxot

Ademais de acoller unha cata comentada de cervexas artesás que terá lugar o xoves 17 en dúas sesións de tarde (ás 19:30 e ás 20:30 horas), o Mercado de Abastos celebrará nos vindeiros días unhas Xornadas Gastroirlandesas para conmemorar a festividade de San Patricio. 

Gastronomía e música irlandesas serán as protagonistas dunha programación deseñada pola Concellería de Promoción Económica que terá o Gastroespazo como escenario e que se desenvolverá entre o xoves 17 e o domingo 20 de marzo.

"Todos aqueles que pasen polo Mercado nestes días poderán degustar un menú especial, que incluirá pratos típicos como irish salmon, irish stew (estofado irlandés) e apple crumble (crocante de mazá), e cervexa", explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.

O prezo do menú programado é de 15 euros e 5 euros máis pola cervexa "a escape libre".

Haberá ambientación con música, e o día 19 terá lugar o concerto de Flip Corale en acústico ás 13 horas.

Recoméndase reservar praza a través do email [email protected]